Na categoría de comercio os gañadores do mes de Marzo foron empregados de Oscar Joyeros, Tere e Suso, e na categoría de hostalaría a gañadora foi Tamara do Mesón A Ría.
Emitíronse un total de 3.435 votos repartidos entre tódolos participantes, resultado que reflicte o gran interese que segue a ter esta iniciativa.
A participación neste terceiro mes foi de novo moi elevada, e as descargas da App incrementáronse notablemente dende que se puxo en marcha este concurso, polo que a valoración non pode ser mais positiva.
A partir do día un puxéronse de novo os contadores a cero e a xente xa pode votar para escoller ós empregados/as favoritos do mes de Abril, que xa será o último desta campaña.
O obxetivo desta campaña consiste en realizar un recoñecemento a todos os empregados, polo bo facer e pola atención ó público, xa que estar cara ó público moitas veces tórnase complicado, non sempre é doado atender as peticións dos clientes e por iso quérese premiar tanto a fidelidade dos clientes como o bo desempeño dos empregados.
A forma de participar é moi sinxela, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña co nome do Concurso e pódense ver todas as fotos dos empregados participantes e o negocio onde traballan.
Hai dúas categorías, por un lado comercio e por outro hostalaría. Os clientes poden realizar votacións tanto para comercio como para hostalaría, pero nunca votar 2 veces á mesma persoa.
O último día do mes procederase de novo ó reconto de votacións onde sairán elixidos os empregados gañadores do mes de Abril, que xa será o último.
Unha campaña distinta que busca o recoñecemento e a motivación dos empregados, e que segue a xerar moita expectación entre os clientes.