Viveiro, 3 de abril, 2024. Continúa este concurso que se iniciou en xaneiro, e que tan boa acollida está a ter entre os clientes. Neste mes de Marzo os contadores puxéronse a cero e os clientes volveron a votar os que para eles son os seus empregados favoritos, tanto de comercio como de hostalaría.
Na categoría de comercio os gañadores do mes de Marzo foron empregados de Oscar Joyeros, Tere e Suso, e na categoría de hostalaría a gañadora foi Tamara do Mesón A Ría.
Emitíronse un total de 3.435 votos repartidos entre tódolos participantes, resultado que reflicte o gran interese que segue a ter esta iniciativa.
A participación neste terceiro mes foi de novo moi elevada, e as descargas da App incrementáronse notablemente dende que se puxo en marcha este concurso, polo que a valoración non pode ser mais positiva.
A partir do día un puxéronse de novo os contadores a cero e a xente xa pode votar para escoller ós empregados/as favoritos do mes de Abril, que xa será o último desta campaña.
O obxetivo desta campaña consiste en realizar un recoñecemento a todos os empregados, polo bo facer e pola atención ó público, xa que estar cara ó público moitas veces tórnase complicado, non sempre é doado atender as peticións dos clientes e por iso quérese premiar tanto a fidelidade dos clientes como o bo desempeño dos empregados.
A forma de participar é moi sinxela, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña co nome do Concurso e pódense ver todas as fotos dos empregados participantes e o negocio onde traballan.
Hai dúas categorías, por un lado comercio e por outro hostalaría. Os clientes poden realizar votacións tanto para comercio como para hostalaría, pero nunca votar 2 veces á mesma persoa.
O último día do mes procederase de novo ó reconto de votacións onde sairán elixidos os empregados gañadores do mes de Abril, que xa será o último.
Unha campaña distinta que busca o recoñecemento e a motivación dos empregados, e que segue a xerar moita expectación entre os clientes.