O grupo Teatral O Centiño de San Martiño (Foz) reinicia as súas actuacións. Este sábado, 6 de abril, estará na Casa da Cultura de Trabada, dentro dos circuítos teatrais que organiza o concello. Será ás 21,00 horas. Representarán a obra “Trepa, Tripa e Tropa”, unha crítica sobre a forma de vivir e sobre os defectos humanos.