Desde o BNG local esixen a inmediata cobertura da praza, e desprazáronse ata o centro de saúde, donde acompañados de veciñas e veciños colocaron unha faixa na entrada co seguinte texto “O Valadouro na defensa da Atención Primaria. Prazas cubertas sempre¡”
O portavoz do BNG, Eduardo Chao, manifestou que o que acontece coa sanidade e coa Atención Primaria na comarca e especialmente no Valadouro non é de recibo “se esta é a Galicia que funciona, apaga e vámonos, porque o Valadouro leva tempo sufrindo o desastre que o PP tén montado na Atención Primaria, porque a veciñanza do Valadouro non esquece que eles foron tamén os que suprimiron aquí o servizo de pediatría”.
Afirmou tamén que a Xunta segue a desatender os servizos dos concellos pequenos e a escasa e “non podemos permitir a perda dun servizo máis, a Xunta tén que facilitar a vida a todas e todos os que viven no rural e un dos principais servizos é a atención sanitaria, por eso non lle imos permitir ao PP ningún ataque máis á atención primaria no noso concello”