Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alén, de Ribadeo, consegue o terceiro posto no IX Campionato de Tiraxe de Cervexa Edición Norte

Ribadeo, 8 de abril de 2024. Acisa felicita ao Alén, de Ribadeo, que ven de conseguir o terceiro posto no IX Campionato de Tiraxe de Cervexa Edición Norte, que hoxe tivo lugar no Fórum Gastronómico que se está a celebrar na Coruña.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “estamos moi contentos do traballo desenvolvido por O Alén, negocio asociado a Acisa, no Fórum Gastronómico de Galicia que se celebra desde onte e ata mañá na Coruña. O nome de Ribadeo segue despuntando a través do noso sector hostaleiro. Iso é un recoñecemento, un premio ao esforzo e á dedicación. Desde Acisa animamos a Mariña Rodríguez e aos seus compañeiros a seguir nesa liña”.

Cruzado Iglesias lembrou que “hai unhas semanas o restaurante Javier Montero conseguía un Sol Repsol e estes días os seus propietarios Javier Montero e Tita Iglesias participan tamén no Fórum Gastronómico de Galicia nunha mesa redonda sobre formatos de negocio. Sen esquecernos dos locais que contan con outros recoñecemenos neste ámbito. Ribadeo estase a converter nun referente gastronómico, ao igual que xa o é desde hai anos no ámbito comercial e iso merece unha valoración moi positiva pola nosa parte”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, dixo que “todo bo traballo ten o seu premio, o seu merecido. Estamos moi satisfeitos de que as nosas asociadas e asociados destaquen polo seu traballo, porque iso é moi bo para eles, para nós como asociación e para Ribadeo como pobo”.

Exit mobile version