Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostra ‘Photo Xuntanza’ e curso gratuíto de fotografía no mes de maio, na sala das Carboeiras en Sargadelos

Cervo, 30 de abril, 2024. Trátase dunha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola.

A inauguración está prevista para o domingo 19 de maio ás 18:30 horas na sala das Caraboeiras, en Sargadelos.

Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde.

As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller nos teléfonos 649 03 73 00 (Ocaña) ou 647 56 83 83 (Paco).

Na mostra colectiva participan:

*Fotonavia, asociación creada en Navia (Asturias)
*Os Potiños, grupo de Carballiño (Ourense)
*Grupo Asemeya de Xixón (Asturias)
*Asociación Os Negativos de Viveiro (Lugo)
*Vicente Ansola, como convidado especial. O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional.

Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén.

Exit mobile version