A obra de acondicionamento de diferentes camiños, foi cofinanciada pola Xunta de Galicia con fondos AGADER, e supuxo un investimento superior aos 35.000 euros
Cervo, 29 de abril de 2024. O Concello de Cervo acometeu traballos de mellora de distintas arterias de comunicación do lugar de Gondrás.
En concreto, actuouse nun tramo de 562 metros lineais cuxa superficie total ascende a 2.541,30 m2.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona para ver in situ a actuación que supón unha mellora da rede viaria deste burgo e que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas e que supuxo un investimento de 35.853,49 euros.
Caramés explicou que a obra -xa rematada- foi concibida co obxectivo de mellorar o firme destes camiños sen variar a súa natureza, conseguindo unha boa evacuación e drenaxe das augas pluviais.
A alcaldesa fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”; un aspecto sobre o que incidimos en cada obra que abarcamos.