A comunidade galega e a Bretaña francesa, coma copresidentas do grupo de pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa, CRPM, mantiveron audiencias de traballo en Estrasburgo con europarlamentarios de cara aos próximos comicios
Estrasburgo (Bélxica), 23 de abril de 2024. Galicia reclamou en Estrasburgo que do proceso democrático que culminará coa renovación do poder lexislativo na Unión Europea culmine coa asunción dos novos representantes dos Estados membros de que o sector marítimo-pesqueiro e o conxunto da cadea mar-industria xogan un papel esencial como fonte de alimentación sustentable e de calidade, evitando que se relega a política pesqueira común (PPC) e converténdoa nunha das súas prioridades. O obxectivo é garantir unha actividade con futuro e sostible no ambiental e no plano económico e social.
Así o mantivo o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, quen acudiu como representante da copresidencia galega do Grupo de Traballo en Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa (CRPM) a unha xornada de audiencias de traballo con europarlamentarios saíntes e candidatos a revalidar na Eurocámara, todos eles cunha actividade política moi ligada ao mundo do mar. Entre eles estaban a socialista Clara Aguilera, o popular Gabriel Mato, Caroline Roose polo grupo dos verdes, ou o presidente da Comisión de Pesca do Parlamento europeo, Pierre Karleskind.
Xunto co vicepresidente da Rexión da Bretaña francesa, Daniel Cueff, que comparte coa comunidade galega a presidencia do grupo que defende os intereses da pesca na CRPM, Antonio Basanta sinalou que Galicia, ao igual que moitas das rexións marítimas periféricas, desempeñan un papel crave no apoio ao desenvolvemento sustentable das cadeas de valor da pesca e a acuicultura nos seus propios territorios.
Desde a CRPM apúntase que na última década, estes sectores enfrontaron graves desafíos socioeconómicos que recentemente se viron amplificados polas crises climáticas, ambientais e enerxéticas. Ante esta situación, o futuro Parlamento Europeo terá a oportunidade e a responsabilidade de atender as demandas de todas as concas marítimas da UE e comezar un debate político transparente que debería conducir á revisión da PPC co obxectivo final de reequilibrar os seus alicerces sociais, económicos e ambientais. “É importante que nos próximos meses a UE poda renovar os seus esforzos para formular unha resposta eficaz aos desafíos que afectan aos sectores da pesca e a acuicultura nas nosas comunidades costeiras”, dixo Basanta.
Nestas audiencias desde a CRPM debateuse cos representantes na Eurocámara sobre as principais prioridades en relación aos seus programas electorais marítimos/pesqueiros. Desde esta entidade, que representa a 150 rexións de 24 Estados da UE suman máis de 200 millóns de habitantes, farase un seguimento das propostas que os candidatos fagan públicas que beneficien ao sector e que deben encamiñarse a garantir o establecemento dun innovador ‘Acordo Azul’ nos próximos anos.
Coxestión, confrarías e pesca artesanal
Deféndese profundar na coxestión co sector na nova PPC, algo moi consolidado en comunidades como a galega, garantindo unha maior participación de representantes dos sectores pesqueiro e acuícola, autoridades rexionais e organismos científicos no proceso de toma de decisións. Antonio Basanta tamén sinalou a vontade de colaborar desde a CRPM coa nova Eurocámara para garantir que as confrarías de pescadores se podan cualificar como organizacións de produtores segundo o regulamento da Organización Común de Mercado (OCM).
Segundo o representante da Xunta, os sectores da pesca e da acuicultura necesitan medidas efectivas e ambiciosas por parte da Unión Europea e os Estados membros que lles permitan abordar os desafíos climáticos, ambientáis, enerxéticos e económicos. No debate cos europarlamentarios tocouse tamén o cambio que se reclama na estrutura actual de la Comisión Europea para dar maior voz e peso ao sector marítimo-pesqueiro, e que pasaría por contar cun comisario específico.
Antonio Basanta tamén defendeu que a mellora da rexionalización da PPC permitirá satisfacer as necesidades específicas da pesca artesanal, que é unha actividade estratéxica para asegurar a subministración de produtos do mar de alta calidade nutricional con impactos ambientais reducidos e, ao mesmo tempo, permite preservar o patrimonio cultural das comunidades costeiras.