Foz, 11 de abril de 2024. O Concello de Foz alcanza os 400 usuarios na súa canle de información de Whatsapp. En pouco máis de 120 días consolidouse como unha áxil canle de difusión do Concello mantendo á veciñanza ao día das novidades municipais.
A aplicación de mensaxería instantánea converteuse nunha das principais vías de comunicación do Concello de Foz cos seus veciños e veciñas. E é que os usuarios poden consultar as noticias municipais de maneira inmediata desde os seus teléfonos móbiles para estar informados do día a día municipal de primeira man.
O concelleiro de Relacións Institucionais e Comunicación, Carlos García, valora moi positivamente o crecemento e aumento de usuarios inscritos nesta rede que conta cun fluxo de información inmediata, nítida e puntual do concello. Para o concelleiro “a comunicación clara permite axudar a mellorar problemas de acceso á información pública xerando confianza cidadá na súa administración máis próxima. Este progreso é un mostra máis de que Foz está preparado para un paso máis en materia de transformación e participación dixital”.
O Concello de Foz invita a todos os interesados a unirse á canle de WhatsApp para manterse informados dos asuntos locais. Simplemente deben pinchar neste enlace: https://whatsapp.com/channel/0029Va9PMkaGE56uN6HVgi3P