O 112 Galicia recibía o aviso por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 13:15 horas informando do accidente laboral e solicitando medios para un traballador atrapado debaixo dun coche.
De forma inmediata informouse aos Bombeiros de Barreiros, que cando chegaron ao punto, o operario non estaba atrapado, atopábase entre dous coches e, lamentablemente, xa sen vida.
Cabe destacar que, desde o 112 Galicia, tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil.