Antía Otero será a protagonista desta segunda sesión, que terá lugar mañá venres, 12 de abril, ás 18:30, no salón de actos do centro. Antía Otero é unha das poetas de referencia da poesía galega e estatal e, ademais, é unha das responsábeis de Apiario, proxecto editorial de longo percorrido que se distingue pola calidade, o gusto e o rigor das súas publicacións. Antía acumula tamén longa experiencia impartindo obradoiros en centros de ensino. Xa sexa como medio de aproximación á poesía, con monográficos sobre autoras/es específicas/os ou cunha serie de propostas nas que se aborda o poético dende diferentes perspectiva.