Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres e sábado terá lugar a segunda parte da XIV Ruta de Pinchos do Vicedo

O Vicedo, 25 de abril, 2024. Este venres e sábado, 26 e 27 de abril, entre as 20:00 e as 23:00 terá lugar a segunda parte da XIV Ruta de Pinchos do Vicedo. Os locais de restauración do concello do Vicedo poñerán á disposición do público unha serie de pinchos de elaboración propia co módico precio de 3,50€. Os comensales terán a posibilidade de puntuar en cada local o pincho correspondente e con cada papeleta entrarán a formar parte dun sorteo de dúas Máquinas amasadoras de cociña.

Coas puntuacións obtidas en cada establecemento realizaráse unha valoración para escoller o mellor pincho desta XIV Ruta de pinchos. O premio para o local co mellor pincho e para os clientes afortunados coas dúas Amasadoras será entregado na Casa da Cultura do Vicedo o día luns 29 de abril as 19:00 horas.

No primeiro fin de semana do venres 19 e sábado 20, participaron o Restaurante Area Grande de San Román, co pincho “Vianda de egid” e o Chiringuito da Abrela, en Suegos, con “Mariscada Abrela”.

No próximo finde semana do venres 26 e sábado 27 participarán os locais do casco urbano: Mesón O Remo con “Bocadito de bacalao”, Café-bar San Esteban con “Sandwich A Gaiteira”, La Bodeguita del Puerto con “43º-55” Peixe das Baixas de Elías”, Cafetería da Casa da Cultura con “Carrilleras a Mi Manera”, Café-bar Santo Domingo con “Calamares da Ría con arroz” e Merendero Los Árboles con “Secreto”

Exit mobile version