Foz, 11 de abril de 2024. Este venres, 12 de abril, o Concello de Foz organiza cantos de taberna en colaboración cos locais de hostalería.
A ruta deste venres será pola zona da Rapadoira, en concreto nos bares O Tangarte, A Estrella, 78 e Marexada. Darán comezo ás 20.30 horas e os grupos participantes son Mar Aberto, de Foz, e Arume, de Burela.
“Agradecemos a colaboración de grupos e locais hostaleiros xa que estas actividades crean un moi bo ambiente no pobo”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima a “dar un paseo por Foz e desfrutar da cultura gastronómica e musical local”.