Ribadeo, 25 de abril de 2024. Este sábado, 27 de abril, disputaranse en Ribadeo os play offs de hockey liña nas categorías alevín e prebenxamín.
As competicións, que contarán coa participación de seis equipos, desenvolveranse no pavillón de deportes ribadense desde as 10:30 horas e rematará ás 19:30 horas, coa entrega de trofeos.
O evento foi presentado na Casa do Concello polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o concelleiro e o técnico municipal de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López; e o presidente do Club de Hockey Isla Pancha, Marcos Cabanas.
O edil de Deportes ribadense sinalou: “estamos moi contentos de colaborar co Club de Hockey Isla Pancha neste evento e parécenos moi interesante que Ribadeo siga a acoller acontecementos deportivos durante as fins de semana porque reúnen a persoas de diferentes lugares, o que é moi positivo para a dinamización económica do concello”.