Efrén Castro parabenizou ás adestradoras e adestradores que recibiron a certificación e valorou o “esforzo que require contar cunha formación actualizada para atender as esixencias do deporte de base e amateur, cada vez máis profesionalizado”.
Ademais desta formación, que ten un primeiro ciclo inicial que tamén completaron 35 alumnas e alumnos, Drocer realiza formación complementarias – I Simposium Basketology,Lugo Basket Pro, Ribadeo Basket Pro e campus de adestradores e xogadores -, nos que participaron 100 técnicos e 300 xogadoras e xogadores e que contan coa colaboración da área de Deportes da Vicepresiencia da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de diferentes accións formativas ao longo do ano.