Site icon Crónica3.com A Mariña

Efrén Castro e Daniel García asistiron áFeira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

Lugo, 21 de abril de 2024. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García asistiron este domingo a XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, impulsada pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto.

Os responsables participaron no acto inaugural e visitaron o espazo do ferro, con demostracións en vivo e postos de venda dos ferreiros riotortenses Manuel Alonso, Agustín Iglesias, José María Cabo, Óscar Villada e Amando González, ademais de artesáns do ferro do Corgo, Compostela,Culleredo ou Navarra e Alcalá de Henares

Efrén Castro e Daniel García valoraron “o traballo realizado pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto na organización da feira, que demostra o potencial que a tradición do ferro ten como motor para a dinamización económica, social e cultural do concello” e

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a actividade da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, na organización da feira e na promoción dun oficio que xenerou un gran patrimonio etnográfico en Riotorto.

Os ferreiros de Riotorto, un caso excepcional

A tradición do ferro en Riotorto remontase a varios séculos atrás, como reflicten os mazos, forxas ou moas que se espallan polo concello e a toponimia dalgúns núcleos poboacionais (Ferreiravella, O Mazo, Carboeiro, A Ferrería…)

Distintos traballos e investigación, desde a obra do etnógrafo Xaquín Lorenzo ás investigación do estudoso local Miguel Abraira Pérez téñense detido na fonda cultura do ferro que acobilla Riotorto. A mediados do pasado século XX os ferreiros e afiadores superaban amplamente a centena, constituíndo o grupo homoxéneo de artesáns do ferro máis numeroso da península ibérica con escasos paralelos en Europa.

A Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros destaca que ainda hoxe Riotorto conta cunha serie de ferreiros en activo, que teñen na Feira da Artesanía do Ferro o seu maior escaparate.

Exit mobile version