O deputado de Rural felicitou á organización polo corenta aniversario dunha feira, “un sinal de identidade e motivo de orgullo” para a veciñanza de Muimenta e da contorna
Os responsables provinciais percorreron a exposición de gando e interesáronse polos certames de Xóvenes Preparadores de Gando e de Gando de Raza Fisona ou pola Poxa de Gando Selecto, que se desenvolveron durante a tarde, xunto á lectura do pregón a cargo de Carlota López Pardo, vicepresidenta do Grupo ARESA.
Daniel García felicitou á organización “polo corenta aniversario dunha feira que conta co aval do sector pero que, sobre todo, conta co apoio da veciñanza de Muimenta e da contorna, que sente a Moexmu como un sinal de identidade e motivo de orgullo” . Tamén destacou “a importancia destas citas gandeiras para dinamizar o sector, trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandería”.
A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo colabora coa organización da Moexmu a través das areas de Cultura e Rural, achegando animacion musical, coa actuación de Asubios da Chaira, que ambientaron a inauguración, e os premios para os gañadores do Certame de Xóvenes Manexadores.