O nome do mariñán é un dos que soa para converterse en xuíz olimpico en París
Nesta competición os deportistas buscarán valiosos puntos para os Xogos de París polo cal se espera, como é costume neste tipo de eventos, unha competición do máximo nivel.
Rodríguez, cuxa residencia esta en Niza, incorporou ao seu despacho en Montecarlo a primeiros de ano, dedicando este primeiro trimestre a impartir docencia para adestradores de Pentatlón Moderno, pois forma parte tamén do grupo dos 26 instrutores cos que conta a UIPM a nivel mundial. O Internacional Mariñán, que foi varias veces Campión de España, de Europa e do Mundo, quedo en tres ocasiones ás portas de disputar como de deportista uns xogos olímpicos, sendo primeiro reserva mundial nos de Rio. Cabe destacar que en Pentatlón, a Clasificación aos Xogos non é por mínimas, son 36 prazas a nivel mundial, sete das cales son por Europa cando competía a URSS, Bielorusia, etc, o que indica que noutras modalidades deportivas que admiten entre 48 deportista en determinadas probas como o atletismo, ou 55 para estes xogos en tríatlon, unha marxe mais que dabondo para estar en varios xogos, pero como el mesmo di: “O meu deporte é así”, tan só que empezan a coñecerlle en España un pouco mellor.
O nome de Rodriguez tamén soa con forza no mundo para converterse en “Xuíz Olímpico” en París, maliaa que di non ter ningunha confirmación oficial e que son moitísimos os candidatos e moi poucas as prazas. Cabe salientar que os estamentos deportivos polos que un pode converterse en Olímpico son principalmente tres: Estamento de deportistas, Estamento de Adestradores e Estamentos de Xuíces. O mariñán é á súa curta idade Internacional polos tres, pois xa actuo como Xuíz nos Xogos Panamericanos en Santiago de Chile 2023 e clasificou como adestrador á súa Pupila, Mercedes Vila, aos Xogos do Mediterraneo de praia 2023, a maiores doutros deportistas da Federación Española e Mejicana que foron Mundialistas.