O nome do mariñán é un dos que soa para converterse en xuíz olimpico en París
Viveiro, 17 de abril, 2024. O Pentatleta nternacionalmMariñán nado en Celeiro (1991) Cristóbal Rodríguez Fidalgo, oficial de operacións da Unión Internacional de Pentatlón Moderno, xa se atopa desde o pasado sábado na cidade Turka de Ankara onde supervisou as instalacións para a celebración da Copa do Mundo 2024 de pentatlón moderno, a cal dirixirá, e que comeza este mesmo martes prolongándose ata o domingo. Celebraranse tanto as competicións masculinas como femininas, así como as substitucións en todas as disciplinas de Word Cup Series de Pentatlón Moderno.
Nesta competición os deportistas buscarán valiosos puntos para os Xogos de París polo cal se espera, como é costume neste tipo de eventos, unha competición do máximo nivel.
Rodríguez, cuxa residencia esta en Niza, incorporou ao seu despacho en Montecarlo a primeiros de ano, dedicando este primeiro trimestre a impartir docencia para adestradores de Pentatlón Moderno, pois forma parte tamén do grupo dos 26 instrutores cos que conta a UIPM a nivel mundial. O Internacional Mariñán, que foi varias veces Campión de España, de Europa e do Mundo, quedo en tres ocasiones ás portas de disputar como de deportista uns xogos olímpicos, sendo primeiro reserva mundial nos de Rio. Cabe destacar que en Pentatlón, a Clasificación aos Xogos non é por mínimas, son 36 prazas a nivel mundial, sete das cales son por Europa cando competía a URSS, Bielorusia, etc, o que indica que noutras modalidades deportivas que admiten entre 48 deportista en determinadas probas como o atletismo, ou 55 para estes xogos en tríatlon, unha marxe mais que dabondo para estar en varios xogos, pero como el mesmo di: “O meu deporte é así”, tan só que empezan a coñecerlle en España un pouco mellor.
O nome de Rodriguez tamén soa con forza no mundo para converterse en “Xuíz Olímpico” en París, maliaa que di non ter ningunha confirmación oficial e que son moitísimos os candidatos e moi poucas as prazas. Cabe salientar que os estamentos deportivos polos que un pode converterse en Olímpico son principalmente tres: Estamento de deportistas, Estamento de Adestradores e Estamentos de Xuíces. O mariñán é á súa curta idade Internacional polos tres, pois xa actuo como Xuíz nos Xogos Panamericanos en Santiago de Chile 2023 e clasificou como adestrador á súa Pupila, Mercedes Vila, aos Xogos do Mediterraneo de praia 2023, a maiores doutros deportistas da Federación Española e Mejicana que foron Mundialistas.