Site icon Crónica3.com A Mariña

Convocada unha nova comisión de seguimento do PXOM de Viveiro para revisar os últimos trámites e os próximos pasos para contar co documento definitivo

“É unha ferramenta fundamental para o futuro de Viveiro e todos os grupos políticos debemos remar na mesma dirección”, explica María Loureiro

Viveiro, 6 de abril de 20234. A comisión municipal de seguimento da redacción do noxo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Viveiro reuniuse no concello, convocada pola alcaldesa, María Loureiro, para revisar os últimos trámites realizados e analizar os próximos pasos para contar co documento definitivo.

Ademais da alcaldesa, asistiron á reunión a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez (BNG); Mariña Gueimunde (PP); Jesús Fernández (PSdeG), e Bernardo Fraga (Por Viveiro), que escoitaron as explicacións dos técnicos de Urbanismo e do equipo redactor do PXOM.

“O PXOM é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento futuro de Viveiro e todos os grupos políticos debemos remar na mesma dirección”, explica a alcaldesa, María Loureiro

Recentemente, o PXOM obtivo o informe favorable da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), un organismo dependente da Xunta de Galicia, un paso importante para avanzar na redacción definitiva do documento.

Exit mobile version