As persoas interesadas en participar no evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).
O Concello de Cervo retoma este ano o tradicional Encontro de Palilleiras que xa vai pola XVII edición e que se celebrará, o próximo 25 de maio, na Carpa instalada na Praza dos Campos, tal e como informou a edil de Servizos Sociais e Educación, Pilar Armada.
As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57). A actividade complementarase cunha feira de artesanía e coa instalación de postos de venta de produtos relacionados coa actividade.