Haberá máis de 70 competidores de toda Galicia e Asturias e a entrada é de balde para todos os públicos
Cervo, 4 de abril de 2024. O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XV Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu e o II Interautonómico desta disciplina, o vindeiro sábado, 6 de abril.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Está prevista a participación de máis de 70 deportistas de toda Galicia e Asturias que competirán na modalidade de kata individual.
A proba disputarase a partir das 17:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
Haberá trofeos para os mellores participantes.