O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de abril nos teléfonos 657 25 64 08 e 677 53 92 85
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora, na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.
A saída está prevista para as 10:00 horas do pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta, sesión vermú e baile no polideportivo da mar de Dismo Móbil Conxuro, e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o desexen, con ou sen cabalo.
As inscricións, nos teléfonos 657 25 64 08 ou 677 53 92 85, poden formalizarse ata o 10 de abril.
A rexedora, quixo darlle os parabéns á asociación pola iniciativa, que ademais é unha oportunidade de dar a coñecer os atractivos naturais e paisaxísticos do noso Concello desde outra perspectiva, a lombos dun cabalo, que é todo un luxo”.