Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá en maio o Campionato Galego de mountain bike ‘Enduro Monte Castelo’

O evento celebrarase os días 25 e 26, e contará cunha participación estimada de 180 deportistas

Burela, 27 de abril de 2024. O Concello de Burela acollerá, os días 25 e 26 de maio, o campionato galego de mountain bike ‘Enduro Monte Castelo’. O evento contará cunha participación estimada de 180 deportistas.

O día 25 de maio, sábado, terá lugar a proba de remontes de tramo urbano de 10:00 a 13:30 e de 15:00 a 18:00, así como a proba TC0 crono en tramo urbano.

O día seguinte, o domingo 26 de maio, será a quenda da carreira enduro de 5 tramos, que se desenvolverá entre as 9:00 e as 15:00. En total, o campionato constará de 28 kilómetros de probas e 1.400 metros de desnivel.

“Apostamos forte por este tipo de actividades, xa que a mestura de monte e de entorno urbano fai de Burela un enclave perfecto para estas competicións”, sinala a alcaldesa Carmela López.

Pola súa banda, o presidente do Club Cerezo Bikes e co-organizador do evento Jaime Seijas destaca que este ano haberá “grandes novidades, como a de que o primeiro tramo cronometrado comezará o sábado 25 ás 18:00 no tramo urbano”.

“Estamos moi contentos da axuda recibida por parte do Concello, así como de establecementos de comercio e restauración, que supoñen unha gran axuda”, sinala Seijas.

“Teremos tamén un concerto de clásicos de rock co grupo Pantera Rosa, o sabádo á noite na praza do Concello”, engade o co-organizador da cita. “Debido ó éxito do ano pasado, este ano agardamos tamén unha gran afluencia de público”, conclúe.

Exit mobile version