Foz, 12 de abril, 2024. Un ano máis, o alumnado do Martínez Otero dende 5º de primaria ata 4º da ESO puido desfrutar do programa de Inmersión Lingüística. Nesta duodécima viaxe, pasaron oito días en Canterbury, no Chaucer College, onde tiveron clases lúdicas, proxectos, moitas actividades e convivencia con outros grupos de estudantes. Quedaron encantados coa profesionalidade e as instalacións.
Ademais de coñecer Canterbury, este ano visitaron Whistable, unha vila Pesqueira con moito encanto e cun castelo onde tomaron o “afternoon tea”. Pasaron un día en Brighton visitando o Aquarium máis antigo de Europa, viron o Royal Pavilion, camiñaron polas pequenas rúas da parte antiga, as “lanes”, e polo Brighton Pier, un paseo marítimo con atraccións e mercados ambulantes.
Remataron o programa en Londres, coñecendo a cidade dende un cruceiro polo Támesis, que os levou de Greenwich ata Westminster. Fixeron un percorrido a pé polos puntos de interese da cidade, partindo do Big Ben & The Houses of Parliament, Westminster Abbey, 10 Downing St., o Buckingham Palace, Trafalgar Square…e como broche final, visitaron o British Museum. Foi una auténtica inmersión cultural e voltaron encantados.
Por outro lado, tamén colaboramos nas actividades do V aniversario do Centro de Día de Foz, onde Antonio Alonso “Tono” e o 4º curso de Primaria cantaron diferentes pezas musicais para o deleite dos nosos maiores.