A celebración terá lugar o vindeiro domingo 12 de maio cun menú para a comida composto por entrantes fríos e quentes, xamón cocido, churrasco de porco, postre, café, chupito e bebidas.
O prezo será gratis para as nenas e nenos ata 3 anos, de 10 € para nenas e nenos de 4 a 12 anos e de 25 € de 14 anos en diante.
Para asistir será necesario ter entrada que se poderán adquirir ata o 6 de maio poñéndose en contacto cos representantes das asociacións que se recollen no cartel.
A comida será no pavillón municipal ás 14 horas, contando cunha sesión vermú dende as 13 horas e con sesión de tarde a cargo do Dúo Explosión.
“Organizámolo para que sexa un día para gozar da compañía dos veciños e das veciñas de todo o concello e dos que se tiveron que ir, para comer ben, falar e botar uns bailes” apuntan dende a organización.