Esta iniciativa foi realizada en espazos singulares da Mariña lucense nos concellos de Trabada, Barreiros, Cervo, Xove e Alfoz de Valadouro que, como o resto de Galicia, é unha comarca rica en lendas e seres mitolóxicos, dos máis abundantes e ricos de Europa. Este patrimonio, elemento esencial da identidade cultural galega, corre o risco de perderse a medida que desaparecen as persoas e o contexto no que naceu. Unha liña de traballo na que tamén se traballa desde a Consellería do Mar a través do Plan de Cultura Marítima de Galicia.