Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares destaca a calidade do marisco galego e anima ao seu consumo na Festa do Berberecho de Foz

Foz, 6 de abril de 2024. O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, destacou a calidade do marisco galego, as súas propiedades nutritivas e culinarias únicas e os grandes beneficios para a saúde que hai detrás do seu consumo. Así o manifestou o responsable autonómico na XXII edición da Festa do Berberecho de Foz, onde participou na degustación deste bivalvo. O titular de Mar puxo tamén en valor o inconfundible sabor deste molusco, un dos produtos imprescindíbeis da cociña galega, e indicou que os eventos gastronómicos son unha fórmula moi axeitada e eficaz para difundir as calidades e promocionar os produtos do mar de Galicia entre a cidadanía.

Nesta liña Alfonso Villares sinalou que estes actos festivos tamén serven como homenaxe e recoñecemento ao bo facer dos profesionais do mar, auténticos artífices de que estes alimentos cheguen nas mellores condicións ao consumidor. Tamén expresou a importancia de apoiar ao sector marítimo-pesqueiro mediante un maior consumo de peixe e marisco, pois contribúese con esta aposta a reforzar unha actividade que é un dos motores económicos de Galicia, que xera emprego de calidade e que sitúa a nosa comunidade como rexión líder a nivel europeo e referente internacional.

Exit mobile version