Site icon Crónica3.com A Mariña

A música de Mecano chega este sábado a Burela con “Hija de la luna”

Este tributo nace en 2016 en Sevilla, liderado pola vocalista Robin Torres, para replicar con total fidelidade os concertos dos madrileños case 3 décadas despois da súa última xira

Burela, 9 de abril de 2024. O Concello de Burela acolle, no auditorio municipal, o espectáculo ‘Hija de la Luna’ en homenaxe á mítica banda de música pop española Mecano.

O evento terá lugar este sábado, día 13 de abril, ás 21:00. As entradas para o mesmo poden ser adquiridas de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://www.entradasatualcance.com/tickets-hija-de-la-luna-homenaje-a-mecano-en-burela#/sell/events/11190/sessions/17132

As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 35€ na platea, os 30€ nos anfiteatros principais e os 25€ nos anfiteatros altos. A estas cantidades sumaránselle os gastos de xestión.

O tributo a Mecano ‘Hija de la Luna’ nace en 2016 en Sevilla, liderado pola vocalista Robin Torres, para replicar con total fidelidade os concertos dos madrileños case 3 décadas despois da súa última xira.

Exit mobile version