A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “a campaña desenvolverase entre hoxe, 25 de abril, e o 5 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa recibirán papeletas para participar no sorteo dos dous premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbujas a escoller entre 300 estancias e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. Trátase dun colgante exclusivo de prata de lei con madreperla”.
O xerente das asociación, Jesús Pérez, indicou que “son 8.000 as rifas que poñemos en circulación nesta nova edición da campaña do día do nai de Acisa Ribadeo. O sorteo non presencial celebrarase o 6 de maio a porta pechada nas nosas oficinas mediante un programa de xeración de números aleatorios, e posteriormente daranse a coñecer os gañadores nas redes sociais e medios de comunicación. As bases do sorteo poden consultarse na web e nas redes de Acisa”.
Cruzado Iglesias que “o próximo 5 de maio celebramos o día da nai, unha data moi importante, unha data para ter un detalle coas nosas nais, unha data por tanto para ter un agasallo especial con quen mais nos quere e nos coida e para saír celebralo na hostalería local. Ese día, o 5 de maio, Acisa repartirá flores polas rúas para ter un detalle coas mamás coas que nos atopemos, ao igual que xa fixemos noutras ocasións”.
Presidenta e xerente de Acisa animan “a mercar no comercio local, ese que temos a carón das nosas casas, no que traballan as persoas que coñecemos e onde recibiremos consellos e atención personalizada para elixir o que máis nos interesa para sorprender ás homenaxeados nesta data”.
Día internacional dos cascos históricos
Segundo explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “Acisa, como membro da Confederación Española de Asociaciones de Comerciantes de Cascos Históricos de España” (COCAHI) celebrará tamén o domingo 5 de maio o Día de los Cascos y Zonas Históricas de España – La Madre de Todas Las Ciudades. Desde a COCAHI traballan co Goberno para conseguir que a ONU declare o Día Internacional de los Cascos Históricos, co obxectivo de resaltar a labor que levan a cabo nestas cidades e vilas os seus empresarios e empresarias, que as manteñen vivas e dinámicas. Desde Acisa non podemos mais que apoiar esta petición, e no noso caso unimos ao día da nai esta reivindicación co fin de darlle visibilidade a ambas celebracións”.