Unha vez no lugar, localizouse o réptil, observando que se trataba dunha serpe (natrix maura), atopándose próxima ao muro que forma o perímetro do recinto do centro. Dada a alarma que a presenza do réptil ocasionu, nun momento no que a maior parte do alumnado atopábase no patio, procedeuse á retirada inminente do animal por parte dos axentes, quen nun primeiro momento trasladárona para o seu exame, para posteriormente liberala no seu hábitat natural, certificando persoal de medio ambiente da Xunta de Galicia o bo estado do réptil e o lugar acaído para a súa liberación nas inmediacións do Masma.