Mondoñedo, 9 de abril de 2024. A Garda Civil, tras recibir un aviso por parte da dirección dun centro educativo de Mondoñedo, tivo coñecemento de que no patio onde se atopaban os alumnos do colexio había unha serpe de aproximadamente metro e medio.
Unha vez no lugar, localizouse o réptil, observando que se trataba dunha serpe (natrix maura), atopándose próxima ao muro que forma o perímetro do recinto do centro. Dada a alarma que a presenza do réptil ocasionu, nun momento no que a maior parte do alumnado atopábase no patio, procedeuse á retirada inminente do animal por parte dos axentes, quen nun primeiro momento trasladárona para o seu exame, para posteriormente liberala no seu hábitat natural, certificando persoal de medio ambiente da Xunta de Galicia o bo estado do réptil e o lugar acaído para a súa liberación nas inmediacións do Masma.