Viveiro, 23 de abril, 2024. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro puxo en marcha dende este luns 22 de abril a Campaña do Dia da Nai có sorteo dunha “Experiencia Relax para Mamá”.
Nesta ocasión apóstase por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 5 Bonos Relax nun hotel da localidade, para que mamá desfrute dunha experiencia relaxante.
As gañadoras poderán escoller entre distintas Técnicas ou programas termais, programas especiais, rituais en bañeiras de hidromasaxe, etc, moitas opcións dentro dunha ampla carta de programas e tratamentos.
O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 22 de abril ó 5 de maio de 2024 (ambos incluídos).
Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 6 de maio de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP.
Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ó gañador para que poida recoller o premio.
Con esta iniciativa téntase dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.
Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases da campaña e tódala información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.