Sairase dende Alfoz en autobús, facendo a primeira parada na popular feira de Meira. A continuación visitarase o Museo e Castro de Viladonga en Castro de Rei, catalogado como Ben de Interese Cultural. A comida será no Restaurante Río Lea en Castro Ribeiras de Lea. Xa pola tarde, haberá unha visita guiada á Fortaleza de San Paio de Narla en Friol.
Dende a asociación animan a anotarse para gozar dunha agradable xornada visitando algún dos lugares máis salientables da nosa provincia.
O prezo da excursión é 25€ para os socios, 35€ para os non socios e 15€ para os nen@s ata os 12 anos. Inclúe a viaxe en autobús, a comida e todas as visitas.
As prazas son limitadas con data límite para anotarse o luns 23 de abril. Os interesados poden poñerse en contacto no teléfono 657 10 95 92 (María José).