Sen pasado non habería presente e sen presente non haberá futuro.
Acisa Ribadeo cumpre 35 anos traballando co mesmo obxectivo, o fomento da economía e mantendo a Ribadeo coma a vila de referencia no Occidente asturiano e na Mariña Lucense e faino recordando palabras do ex presidente Pablo Vizoso que hoxe en dia seguen sendo dous piares fundamentais para esta asociación: “Para Ribadeo la mejor industria fue, sin duda, el Puente de los Santos” e tamén era un firme defensor do asociacionismo “Es muy importante tener una voz que aglutine a todo el comercio”.
35 anos de largo traballo que Acisa arrincou desde a inauguración da Ponte dos Santos, co obxectivo claro de captar mais clientes de Asturias, ese foi o inicio desta asociación, constituída o 30 de maio de 1989, aproveitando un pequeno grupo de empresarios e comerciantes que xa estaban traballando na promoción da vila pola súa conta.
Os inicios da actividade ían dirixidos a promocionar Ribadeo ante a súa nova zona de influencia, Asturias. Non deixa de ser curioso, como 35 anos despois Acisa ten os mesmos obxectivos. Os tempos cambian, pero ás veces as necesidades seguen. Daquela xa se asistía a Fitur e mais á Casa de Galicia en Madrid, cos mesmos obxectivos polos que se vai agora: por en valor o que Ribadeo pode ofrecerlle á xente que nos visita.
Tras o nacemento de Acisa creouse a figura do Centro Comercial Aberto, deste xeito o comercio minorista tiña dentro da patronal o seu propio espazo con actividades, dende concursos e sorteos, a formación, modernización….. Anos despois creouse Ribadeo Hostalaría, a sección coa que se elaboran campañas propias para o sector, entrega de materiais, etc.
Outro feito moi relevante da historia de Acisa e da consolidación de Ribadeo como vila comercial foi a peatonalización das rúas comercias, grazas en boa parte ás axudas obtidas pola asociación e que hoxe en dia tanto propios coma estraños recoñecen coma un logro.
Non se pode falar de comercio en Ribadeo, sen falar do privilexio do que goza a nosa vila de abrir os domingos polas mañás, avalado por unha Real Orde e acordado no Concello de Ribadeo no 1949, feito que marcou e marca dun xeito moi especial a diferenza entre Ribadeo e o resto de municipios cercanos e que segue sendo un atractivo mais para os nosos visitantes.
Nos últimos tempos pódese ver unha Acisa mais activa, mais dinámica, mais presente nos medios de comunicación, e na vida social de Ribadeo, que ofrece mais servizos os seus asociados. Na ultima década realizáronse entorno a 300 actividades de dinamización comercial e hostaleira, Acisa colaborou ou coorganizou mais de 200 eventos culturais e deportivos doutras asociacións, repartiu arredor de 50.000 euros en vales de compra, 250.000 materiais gratuítos para socios por valor de mais 100.000 euros, xerou mais de 8.000 noticias nos medios de comunicación e en total inviste mais dun millón de euros directa ou indirectamente na labor de potenciar, revitalizar e dinamizar o comercio e a hostalaría ribadense.
Debemos de ser honestos, todo isto foi posible grazas ás diferentes directivas e xerencias destas tres décadas e media e por suposto, grazas os que foron e son socias e socios de Acisa e aos responsables públicos que confiaron e colaboraron coa esta entidade.
Acisa celebra 35 anos medrando xuntos, sendo un referente comarcal e en moitos aspectos autonómico, tanto en comercio como en hostalaría, e hai que afrontar novos retos para non perder esa importante posición.
Debemos ser conscientes da importancia de ser mais como colectivo, porque iso fainos ser mais fortes para defender as necesidades do noso comercio, da nosa hostalaría, e en definitiva para defender a economía de moitas e moitas familias ribadenses, a dia de hoxe representa 170 empresas que supoñen uns 900 postos de traballo.
De non existir Acisa a dia de hoxe existiría algo moi parecido, e se non habería que inventalo, xa que a forza do comercio ten o seu éxito na unión.
Deste xeito directiva, xerencia e asociad@s brindamos por outros 35 anos de vida de Acisa Ribadeo.
Jesús Pérez (xerente de Acisa Ribadeo)