A APP Viveiro AR conta con 67 recursos dixitais, que se suman aos máis de 80 quilómetros de rutas turísticas e de sendeirisimo documentados a través de ‘Descubre Viveiro’
Este arquivo, en constante actualización, súmase aos máis de 80 quilómetros de rutas turísticas e de sendeirisimo documentados a través do programa ‘Descubre Viveiro’, aos que se pode acceder a través das diferentes redes sociais desta iniciativa.
Loureiro destaca que estes recursos “permiten dar a coñecer o atractivo turístico do municipio dun xeito nunca antes visto, atraendo a máis e máis visitantes a Viveiro, co conseguinte beneficio que isto ten para a economía local”.
Por outra banda, engade que “o concello sitúase á vangarda das tendencias tecnolóxicas no sector turístico con este tipo de iniciativas en constante expansión”.
A través da app Viveiro AR, de realidade aumentada (Augmented Reality), pódese escanear o horizonte no municipio para ver, a través de pompas de xeoposicionamiento, cales son os puntos de interese máis relevantes que se atopan preto da posición do turista ou sendeirista.
Ademais, ao acceder á app, pódese tocar a icona de Experiencia AR e aparecerán paneis con información, fotografías, reprodutor de audio e alertas no caso de que un recurso conte con información adicional como horario de visitas ou precaucións.
Tamén dispón dunha recreación tridimensional da Porta de Carlos V, que é “o xerme dun proxecto máis ambicioso para recrear en 3D todo o Viveiro medieval”, explica a alcaldesa.
A aplicación Viveiro AR pode ser descargada a través da App Store na ligazón https://apps.apple.com/us/app/viveiro-ar/id6467196751 e a través da Play Store en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.arvision.ViveiroAR
Pola súa banda, o programa ‘Descubre Viveiro’ permite, a través de vídeos e fotografías de alta calidade, visitar dixitalmente as rutas de sendeirismo e turísticas do municipio. Pode accederse a este material a través das redes sociais de Descubre Viveiro, que está presente en Instagram, TikTok, Facebook, Youtube e Wikiloc.