O acto, aberto a todo o público, tivo lugar este sábado 9 de marzo, ás 12:30 horas na contorna do castelo do Castrodouro
Alfoz, 9 de marzo, 2024. VIA Alfoz organizou a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O acto, contou coa presenza de Efigenia Maseda, membro de VIA Alfoz e actual alcaldesa, e os tamén concelleiros independentes Eliseo Lorenzo e Judit Casabella.
A ofrenda iniciouse cunhas palabras na voz de Carmen Geada, primeira concelleira independente por VIA Alfoz, e Concelleira de igualdade durante a lexislatura 2015-2019: “O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, refírese a mulleres correntes, como artífices da historia, e funde as súas raíces na loita diaria para a participación en pé de igualdade co home. A igualdade segue sendo unha quimera e continúan sendo as mulleres as que cobran menos por un traballo igual, teñen menor posibilidade de acceso a cargos directivos, tanto en empresas públicas como provadas, padecen menor presenza na vida pública e cada vez sofren maís violencia dentro e fora do seu fogar. Co movemento feminista aspítase a reivindicar que, sen nós, o mundo para. Muller, loitando mil batallas por dentro, con mil sorrisos por fóra, xamais nos rendemos ante a adversidade. A nosa valentía motívanos a enfrontar calquera realidade”.
VIA Alfoz, agradeceu a participación ás persoas presentes e ás moitas que mostraron o seu apoio a pesar de non poder participar.