Viveiro, 7 de marzo, 2024. Unha nova directiva toma o relevo na Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro.
Despois de cumprir tódolos prazos establecidos para a presentación de candidaturas, información ós negocios asociados e posibles alegacións, poderán tomar posesión nos cargos nos próximos días.
A composición da mesma será:
Presidenta, Andrea Porbén (De Cobelinha), Vicepresidente, Saúl Jimenez (De Carlos Fotógrafos), Secretaria Cristina Rodriguez (De Oscar Joyeros), Tesoureira Lara Fernandez (De Gato Pardo Culturpub) e Vogais Sara Fernandez e Graça Gonçalvez (de Cocolatte), Belkis Altagracia (de Las Delicias de Belkis) e Gabriel Doce (de Latitud Doce).
Esta xunta está formada por representantes de distintos sectores, comercio, hostalaría e servizos. Os novos membros tratan de dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe na área urbana de Viveiro, e os seus obxectivos iniciais pasan por seguir ca boa labor que se viña realizando para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro.
Según indica a nova Directiva “Nos tempos actuais, necesitamos unirnos para crear unha asociación forte, comprometida co seu entorno, seguir sendo unha praza comercial punteira na comarca e traballar unidos para mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona. Afrontamos este novo reto con ilusión, responsabilidade e moitas moitas ganas de traballar polo ben común dos negocios de Viveiro”.
Nos próximos días iniciarán as primeiras xuntanzas para elaborar unha ruta de traballo, acordar as próximas campañas e actividades, e intentar ampliar o número de negocios adheridos ó colectivo.