Pasaban dez minutos das 17 horas cando diversos particulares contactaron co 112 Galicia desde o lugar do accidente, o quilómetro 48 da N-640, na Órrea. Ao mesmo tempo que confirmaron que o único implicado precisaba asistencia sanitaria, tamén indicaron que parecía incapaz de abandonar o seu vehículo, que quedou envorcado tras saírse da estrada.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da vía.
Tras rematar a súa intervención, os servizos de emerxencias confirmaron que o ferido non tivo que ser excarcerado. Deste xeito, logo de que os membros do GES o axudaran saír foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.