Cervo, 9 de marzo, 2024. Un cento de mulleres participaron este mediodía no xantar con motivo do Día da Muller, que tivo lugar no restaurante O Noso Lar en San Cibrao.
No evento entregáronse os premios do campionato de tute e parchís cuxo resultado foi o seguinte:
Tute
3° Lidia Pernas e Adeli Fernández
2° Pilar Prieto e genma Deán
1° Mari Luz Fernández e Isolina Dablanca
Parchís
3° Delia Suárez e Elena Fernández
2° Genma Deán e Manola González
1° Pilar Gallego e Villa Gallego
Ademais sorteáronse detalles por parte das asociacións de mulleres do municipio (mulleres en igualdade, Mulleres de San Ciprián, Alborada e Espalladoras) entre as mulleres participantes.
Cada muller levou como obsequio unha plantiña e un neceser confeccionado pola asoc. Saúde Mental A Mariña protagonizados por mulleres que tiveron un importante papel na historia de Galicia.
Ademais tamén premiaron á muller máis veterana do xantar e á máis nova que foron Angelines Bermúdez e Laura Martínez, respectivamente.
Logo do xantar houbo baile na Casa do Mar da man de DJ Ovo.