Site icon Crónica3.com A Mariña

Un Burela incómodo logra empatar nos últimos minutos de xogo a un Barça Atlètic

Burela, 2 de marzo, 2024. Esta tarde ás 17.00h no Joan Gamper xogábase a 22ª xornada de Segunda División de Futsal, Barça Atlètic – Pescados Rubén Burela FS cun resultado final 2-2. O conxunto laranxa sufriu durante os 40 minutos, nos que se lle viu cómodo en escasas ocasións, con pases erráticos, custando chegar a portería e xerando poucas ocasións. Un xogo ao que ultimamente non nos teñen afeitos, mostrando a súa mellor versión nestes últimos partidos da segunda volta da tempada. O Barça, polo seu lado, soubo aproveitar erros do equipo visitante levando a vantaxe no marcador durante algúns minutos, cun Burela a remolque dos locais nun partido con poucos goles pero bo ritmo. Moi bo papel de Michal Kaluza que salvou o partido no día de hoxe e de Quin Gassó, que provocou numerosas ocasións e foi o único autor do gol dos blaugranas, metendo Alberto en propia o segundo. A pesar do despiste do equipo mariñán, soubo pelexar polo empate rematando o encontro de forma satisfactoria e volvendo cun punto á casa.

Na primeira parte domina practicamente os 20 minutos o conxunto local, non con moitas ocasións, unha ou dúas por parte do Burela e algunha máis para os cataláns, aínda que con bo ritmo. No minuto 8 Kaluza salva un disparo directo de falta e no 10 Puigbert dispara fóra. No mesmo minuto outro paradón de Michal que detén un disparo de Quim Gassó que recibe en solitario no segundo pau e un minuto despois outro paradón do noso porteiro polaco, que a saca coas mans por riba do traveseiro a outro disparo de Quin despois de un roubo. Outra de Quin Gassó que no minuto 15 chega ante Michal tras un roubo a media pista e a lanza fóra. No minuto 16 parece que o Burela comeza a espertar pero continúa errado. Chega o descanso sen moito tino por parte de ningún dos dous equipos, aínda que o Barça consegue metela xusto sobre a bucina, o que non puntúa no marcador. No segundo tempo sae o Burela co mesmo quinteto e comeza xa defendendo dende o minuto 1. Continúa incómodo, aínda que o conxunto local tampouco se mostra moi acertado. Os primeiros minutos sucédense sen ocasións ata o minuto 26, no que Santos consegue o primeiro tanto a pase de Nicolás nunha contra. Pero segundos despois Ismael logra o empate cun golazo espectacular nun lanzamento directo de falta que entra pola escuadra. Continúa o xogo con algunha ocasión máis clara por parte de ambos equipos, aínda que máis a favor dos cataláns. No minuto 28 disparo potentísimo ao pau de Aniol nunha falta e no 33 non consegue chegar Ismael a un disparo de Álex García que se vai fóra pasando por diante do segundo pau. Chega o 2-1 no minuto 34 nun erro de Alberto que remata sen querer e de forma moi “acertada” un saque de banda do conxunto rival. A continuación a actuación estelar da tarde, con triple parada consecutiva de Michal nunha situación moi perigosa dentro da área dos mariñáns, parando un primeiro disparo e os dous consecuentes rexeites. Comeza a presionar por fin o Burela no minuto 37, e chega o empate no mesmo minuto cun golazo do catalán provinte do equipo rival, Álex García, que a coa entre as pernas da defensa do conxunto barcelonés, tras un saque de esquina. Gol que sentencia o partido a pesar do intento de sumar os tres puntos da clasificación chegando o Burela a recorrer ao porteiro-xogador nos últimos minutos.

Manténdose no terceiro posto da clasificación unha xornada máis, a fin de semana que vén concentración para o encontro da 23 xornada, ante El Ejido, no horario habitual do conxunto mariñán, 18.45h, na casa.

Ficha Técnica Barça Atlètic 2-2 Pescados Rubén Burela FS

Barça Atlètic (2): Iker Abad; Nicolás, Muinelo, Tapias (C), Aniol -quinteto inicial-, Quim Gassó, Kokoro, Santos, Puigvert, Pol Cano, Rubén Rodó, Pau López, Martí. Entrenador: Sergi Altisent.

Pescados Rubén Burela FS (2): M.Kaluza, Lucho (C), Quelle, Isma, Malaguti – quinteto inicial-, Alberto, Flethes, Álex García, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial

Goles: 0-1, min.26: Santos. 1-1, min.26: Ismael. 2-1, min.34: Alberto (PP). 2-2, min.37: Álex García.

Árbitros: David Delgado Indalecio, Guillermo Rodríguez González, Adriá Gómez Martínez, Gerard Pla Valldeperas.

TA: Qim Gassó, Ismael, Malaguti.

Exit mobile version