Tras deste asasinato, unha crianza orfa e a denuncia por agresión de outra vítima que resultou ser a parella anterior del.
Estamos ante un novo crime machista que fai que ascenda a 1245 o número de vitimas asasinadas por violencia de xénero, e a 439 o número de crianzas orfas por feminicidios dende o ano 2003.
É necesario que miremos de fronte as inxustizas que sofren as mulleres vítimas de machismo: esixir medidas efectivas que erradiquen esta lacra depende de nós como sociedade; protexer ás vítimas da impunidade que deixa tras de sí o patriarcado é prioritario para que non se convirtan “nunha cifra máis” nin en “outra muller que é asasinada” e establecer novas conciencias sobre as consecuencias que deixan os feminicios na vida das crianzas despois da morte das súas nais, avoas ou irmá é o xusto para avanzar dignamente.
Debemos actuar para a erradicación dos comportamentos machistas. NIN UNHA MENOS, NIN UNHA MÁIS!
Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade poñemos de manifesto a nosa repulsa ante estes actos, así como tamén ante calquera que atente contra a liberdade individual das mulleres.
Apoiamos ás vítimas e recalcamos a urxencia de denunciar calquera forma de violencia machista co fin de erradicar esta lacra da nosa sociedade para que ningunha de nós a volva a sofrir… polo que CONVOCAMOS unha CONCENTRACIÓN FEMINISTA en resposta do asasinato machista de Andrea Yturry: XOVES, 21 de Marzo, ás 20h00 na PRAZA 8 DE MARZO en RIBADEO.