Ribadeo, 20 de marzo de 2024. Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña do día do pai. Trátase dunha experiencia de condución Siente el asfalto e dun reloxo Time Force. Ambos premios están valorados en 500 euros.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña O mellor para Papa, con motivo da celebración do día do pai. Os números agraciados son o 1.070, entregado en A Flote e que corresponde ao premio da experiencia de condución doada por Viaxes Eroski; e o 6.552 que foi entregado en R23 e que corresponde ao reloxo Time Force doado por Xoiería Azabache”.
Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 20 de marzo, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 3 de abril para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo ou no WhatssApp 663 39 62 26, dado que veñen días festivos e a nosa oficina estará pechada”.
Cruzado Iglesias agradece “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os seus regalos do dia do pai no comercio asociado, e que se animaran a celebraralo tamén na hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea en familia, coas mellores propostas gastronómicas que atoparon en Ribadeo e que seguirá a atopar para vindeiras ocasións especiais”.
Desde Acisa Ribadeo agradecen “a colaboración de Viaxes Eroski, de Time Force e de Xoiería Azabache para realizar esta campaña do día do pai”.