Site icon Crónica3.com A Mariña

Saída de vía tras atropelar un animal en Vilalba

Un coche acabou chocando contra a medianeira da AG-64 cando circulaba pola parroquia de Santaballa, logo de tratar de esquivar un animal que ocupaba a vía e que acabou atropelando. Os alertadores que informaron ao 112 Galicia indicaron que había varios coches parados no lugar do accidente. Nada máis ter constancia dos feitos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos servizos de mantemento da autovía, que se encargaron das tarefas de limpeza do asfalto para restablecer as condicións de seguridade na circulación.

Exit mobile version