O rexedor indicou que “Ribadeo segue medrando e os datos así o reflicten: 445 novas persoas censadas en Ribadeo. É un dato moi positivo, o mellor de toda a provincia e é un dato para seguir avanzando, medrando e traballando para que Ribadeo siga en ascenso. Isto anímamos a continuar avanzando”.
Vega subliñou que “o dato ten como partida o pasado 17 de xuño ata o día de hoxe. Son 445 novos censados en Ribadeo, dos que 237 son mulleres e 208 son homes. Entón sumamos 10.141 veciños en Ribadeo”.
O alcalde agradece que estas persoas elixan Ribadeo para vivir: “moi agradecidos de que escollan Ribadeo para vivir, para iniciar o seu proxecto familiar ou empresarial. Moitos atoparon novos traballos en Ribadeo e outros decidiron emprender o seu proxecto económico aquí. Trátase dunha moi boa noticia, que nos anima a seguir avanzando e traballando porque Ribadeo ten moito que ofrecer e aportar e sen lugar a dúbidas Ribadeo é ese pobo acolledor, que recibe a todo o mundo. Ribadeo é esas portas abertas, que sempre dicimos que están abertas para acoller a aquela persoa que decida emprender o seu proxecto familiar, o seu proxecto de vida aquí no noso pobo, no noso Ribadeo”.