Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo albergou este sábado diversos eventos deportivos

Ribadeo, 2 de marzo de 2024. Ribadeo albergou este sábado diversos eventos deportivos: Raid de Orientación, tenis de mesa e hockei liña.

Mais de 70 deportistas participaron nunha nova xornada comarcal de Xogade de tenis de mesa nas categorías benxamín, alevín e infantil (masculino, feminino e mixto) e cadete feminino e masculino.

Ademais 6 equipos encheron o pavillón da rúa Alfredo Deaño onde se disputou a sede na categoría alevín de hockei liña.

E durante todo o día desenvolveuse o I Raid de Orientación Concello de Ribadeo no que deron cita arredor de 200 participantes, que fixeron probas como a probas como trekking, BTT, cordas, tiro con arco ou rapel no Cargadoiro. O I Raid Concello de Ribadeo foi organizado por Fluvial, Aromon Pontevedra e Fegado, cos que colaboraron o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Federación Española de Orientación.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, fixo un balance moi positivo deste día: “centos de persoas chegaron a Ribadeo para a practica deportiva, que nos casos do tenis de mesa e de hockei liña os seus eventos celebráronse nas instalacións municipais, nos dous pavillóns. E o Raid de Orientación tivo lugar ao aire libre con saída e chegada no parque de San Francisco”. O edil subliñou que “estamos encantados de que Ribadeo sexa elixido por clubs e federacións para a organización de diversas citas deportivas ao longo do ano. Nos seguiremos a colaborar en todo o que nos sexa posible. Que Ribadeo reciba deportistas durante as fins de semana é moi importante polos valores transmitidos e tamén ten unha repercusión significativa na economía local”.

Exit mobile version