“Foi un inverno duro, cunha situación meteorolóxica que provocou danos nas instalacións deportivas”, explica o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.
“Fixemos todo o posible para axilizar as reparacións, pero nestes casos é necesario primeiro que os técnicos procedan a evaluar as avarías, para posteriormente adxudicar os traballos e realizalos”, engade o concelleiro de Deportes.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, incide en que “as tarefas tiveron algunha demora porque o temporal afectou a toda a Mariña e as empresas tiñan moita demanda, pero as instalacións xa recuperaron a normalidade”.
Eleazar Rodríguez pide “desculpas polas molestias ocasionadas”, amosando a súa satisfacción polo remate das actuacións.