Os deportistas homenaxeados son: Mateo Monteserín González, Conrado Lara Calonge, Irene García Valle e Antón Balsa Val, que estiveron acompañados polas súas familias e adestradores.
Presidiron a recepción o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que felicitaron ao Club de Remo pola súa traxectoria e polas medallas conseguidas hai uns días por estes catro deportistas.