Saul Vázquez e Hugo García, que abriron o centro en 2022, festexaron os 2 anos do “box” cun evento multitudinario
Foz, 11 de marzo, 2024. O pasado sábado, día 9 de marzo, festexaron o 2º Aniversario de Quenlla Crossfit no propio “box”, situado no Polígono Industrial de Fazouro. Os atletas participaron nos diferentes eventos que se foron celebrando ao longo da mañá. Tanto Saul como Hugo destacan o bo ambiente, a motivación e a gratitude por parte dos mariñáns.
Quenlla CrossFit no Polígono Industrial de Fazouro, é o primeiro e único box oficial desta disciplina na comarca. O CrossFit caracterízase por incluír movementos de ximnasia olímpica (para mellorar a flexibilidade, o control de forza e peso corporal), levantamento de pesas olímpicas (para desenvolver unha alta potencia) e exercicios cardiovasculares (para mellorar a capacidade cardíaca e pulmonar).
“A percepción da saúde cambiou nos últimos anos e quen o proba, queda” afirman os “coach”, que decidiron apostar por Foz tras observar unha necesidade deportiva na comarca.
Parte social e humana do CrossFit: “Se un día non che apetece, alguén tira de ti, e viceversa”, comentan entre risas. En consecuencia, cren que este é un os factores que explica o crecemento da actividade, durante estes dous anos Quenlla foi crecendo en usuarios e actividades, ofrece clases de Crossfit, Halterofilia, Mobility & Strength e Ginnásticos.