Estos días estamos fartos de escoitar, ver e leer as queixas dos veciños e veciñas de moitos concellos próximos, pola falta e ausencia de médicos de cupo. Non hai concello que se salve. Esta reflexión a fago como veciña e como usuaria da sanidade pública, non como representante institucional do Concello de O Valadouro, nin como representante dun partido político.
Queixamonos pero non facemos nada, como si queixandonos de palabra xa fixeramos todo o que se esperaba de nós, ademáis a queixa non diferencia de ideoloxia, queixamonos todos.
Sabemos realmente o importante que é atención primaria, o importante que son os centros de saúde dos nosos concellos?. Dámoslle importancia aos médicos e medicas dos nosos centros de saude, e aos nosos enfermeiras e enfermeiros, ao persoal de servizo xerais que nos atenden
…pois a resposta é que non. Porque si o fixeramos estaríamos xa todos presentando queixas e reclamación ante a administración competente.
Desde hai tempo estamos a ser testigos do deterioro da sanidade pública e especialmente da atención primaria, que a consideramos e vemos como a irmá pobre da especializada. Porque somos ignorantes do importante que é, e senon reflexionemos:
Temos Centros de saude atendidos por un só medico no mellor dos casos, cheos de traballo e des estrés, e noutros casos acudindo facultativos durante 4 horas a atender un cupo limitado de citas, despois de facer unha garda no PAC, ou antes de ir a facela. Eses son os contratos que teñen. Estos profesionais o único que poden facer nese tempo é poñer parches, ver so o doente que teñen enfrente ou detrais dun teléfono, como un síntoma que hai que tratar, sin poder atendelo de forma integral. Sin tempo para poder afondar na historia clínica, para poder darle unha atención persoalizada e individual. Médicos que atenden na consulta o teléfono e negocian co interlocutor, que non lle pode pasar nin citar a ninguén mais porque ten o tope das acordadas no contrato de 4 horas que ten para ese día, e despois se ten que ir correndo facer garda de PAC.
Ó mellor hai persoas que pensan que é mellor eso que nada, respeto a opinión, pero non nos damos conta que estamos e aceptar unha sanidade donde non se nos fai un seguimento, donde cando nos teñen enfrente non ven unha persoa e a sua evolución, e pensan nas posibles hipótesis. Non, so poden ver un síntoma e dar unha medicación para tratalo. Non coñecen aos doentes, porque non poden, non teñen tempo, nin contrato, nin cupo. Consecuencia: nós mal e os profesionais tamén mal ,porque o que sí se observa en todos eles é a frustración de querer facer o seu traballo e non poder.
Os enfermeiros e enfermeiras, outro tanto do mesmo, sin poder facer seguimentos post ingreso dos seus doentes, dedicarse a coidalos e educación para a saúde, axudando a matar os lumes que xenera o deterioro da atención primaria.
Non nego o importante que é a atención especializada, por suposto, que tamén nesta área sanitaria está gravemente castigada ( recoñecido polos propios profesionais), pero eso da outro día.
Debemos coidar a atención primaria, os noso centros de saúde, os nosos profesionais, que nos coñezan como veciños, e que nos podan ver de forma integral para sanarnos por dentro e por fora. Se esta situación sigue así pasaremos de ter un médico cada día distinto 4 horas, a ter que ir ao médico a outros centros de saúde, e xa é tarde.
Un médico/a e un/ha enfermeira/o de atención primaria con establlidade no seu posto de traballo é imprescindible para sentirnos escoitados como enfermos, como persoas, para recibir unha atención de calidade, un seguimento, unha boa educación para a saúde. Exercen a porta de entrada a calquer outro especialista, a ser o intermediario. E eso tense que notar na atención especializada, que tamén sufre o desmantelamento da atención primaria. Quen é o interlocutor dun médico especialista, con quen traballa, con quen se coordina. Como poden falar dun doente e da súa situación senon o coñecen e cada día o ve un médico cansado, estresado, maltratado laboralmente, e a defensiva porque recibe o trato inaxeitado de nós como doentes, porque equivocamonos de responsable.
Tamén acostumamos a pagala co persoal de Servizos Xerais, que en moitas ocasións deixan de ser amables porque se sitúan nunha postura defensiva, porque son aos primeiros aos que nos queixamos.
DEFENDAMOS A SANIDADE PUBLICA, independentemente a quen votemos, porque nos afecta a tod@s, cando non nos atenden e non temos médico non nos preguntan a quen votamos.
Aquí estamos todos no mesmo saco, o deterioro sufrimolo todos. DEFENDAMOS A PRIMARIA E OS CENTRO DE SAUDE.
Dito esto no meu concello, onde vivo , nacin e me criei, estamos a padecer esta situación desde hai varios meses, en breve ( días) xubilase o único médico de cupo que quedaba, hai meses xubilouse o outro. Somos dos que temos as catro horas con citas cerradas, cada día un distinto. E sí, como veciña, familiar de doentes e doente son victima do desmantelamento da atención primaria. Por eso alzo a miña voz, poque quero seguir confiando na sanidade pública, en non ter que ir a sanidade privada porque non hai tempo para que nos atendan na pública, porque a desmantelan.
María Xosé Barreira Goás
Veciña de O Valadouro